27.11.06

Ola ao mundo...

Ola ao mundo outra vez! o meu nome é Noelia e teño 15 anos, son unha das moitas estudantes do instituto David Buján de Cambre, e este blog surxiu como unha proposta por parte do profe de Técnicas de expresión escrita no instituto. A miña misión para con este blog consiste en personalizalo da forma que eu crea máis oportuna por iso púxenlle ese título "onde eu escribo..." este será un pequeno recuncho onde eu vou escribir o que crea máis importante ou que simplemente me guste, como este poema que García Lorca escribiu en galego:

Chove en Santiago - Luar na Lubre

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.