23.4.07

Pensando no futuro...

Estou estudando 4 da ESO , e xa estou pensando no que me gustaría facer nun futuro, miña nai sempre me di que vaia máis a modo, que non me apure tanto a pensar en cousas do futuro; pero agora mesmo a miña cabeza xa está a xirar arredor da idea do bacharelato e seguir ata chegar a universidade, reconfórtame pensar que non son a única á que lle pasan estas cousas, estar nerviosa ante un futuro incerto, moitas veces un se pregunta ata onde chegará a súa vida ... Aínda recordo cando era pequena e quería ter a mesma idade que teño agora é como se quixeramos facernos maiores pero de algo estou de acordo comigo mesma, agora e antes, que non quería ser máis pequena, quería crecer e aínda o sigo querendo ... aínda que ás veces o tempo dáche cousas moi boas como a experiencia, a madurez, etc. pero tamén che quita moitas outras como a ilusión, a infancia, a inconsciencia polo que ocorre ao teu arredor... Gustaríame estudar psicoloxía , creo que pode ser unha carreira de futuro e moi interesante, pero tamén é certo que para chegar ata ela hai que traballar moi duro e pode que non me resulte fácil chegar a conseguir o meu soño, o meu propósito... pero así é como se empeza algo, primeiro propoñéndoo e logo loitar por iso ata alcanzalo...

Etiquetas: , ,

5.3.07

Belén Arjona e a súa canción...

Non sei se algunha vez vos sucedeu que nun momento determinado vos poñedes a revisar os dicos que tiñas gardados e revisándoos descubres unha canción que realmente che gusta, que está na túa lista de favoritos e non che importaría pasar todo un día escoitándoa sen que c chegue a aburrirte, esta canción é preciosa... e tamén moi triste...escoitádea

Artista: Belén Arjona
Album: O te mueves o caducas
Canción: Si no estás

Si te vas, no me dejes nunca más
Te veo volar entre murmullos
Tus manos de agua, por tu cuerpo fluyen ya
Y la noche llegará con sus augurios

Nunca pensé que pudiera perderte
Ángel ahora soledad
Nunca pensé, que pudieras dejarme
Y te escapas, te arrastras
No te puedo alcanzar
Y no estás, y el otoño llegará, la lluvia escampará
Y sin ti, es como dejar de sentir

Si no estás, me siento tan sola
¿Por qué te has marchado así?
¿Por qué me has dejado aquí?
Si no estás, mi alma se encoge
Al pensar que muriendo sin ti
Tengo que empezar a vivir
Si no estás...

Se fue sin más, la vida cruje en su elixir
Se empapa el dolor, de tus cenizas
No volverán, aquellos días atrás
Donde tu alma y mi ser estaban unidas

Nunca pensé que pudieras marcharte
Vuelve, ángel guardián
Nunca pensé, no escucharte ni hablarte
Y me rompo y me caigo, y no puedo avanzar

Y no estás, y los años pasarán, las nieves volverán...
Y sin ti, es como dejar de vivir

1.3.07

The Police, un grupo de música.

En www.mensaxenunhabotella.blogspot.com publicaron información acerca de un grupo de música que ata agora me era descoñecido, pero que traballa realmente ben e digno de escoitar...

.............THE POLICE..............
Formouse en 1977 e separouse en 1985. No momento da súa separación, era o grupo máis popular e con máis ventas do mundo.

Seus membros son:
Sting (Gordon Summer) (Newcastle, Inglaterra, 1952), baixo e principal vocalista
Andy Summers(Blackpool, Inglaterra, 1942), guitarra
Stewart Copeland (Alyxandria, Estados Unidos, 1952), batería

The Police reuniuse para a entrega dos premios Grammy en febreiro de 2007 e interpretou Roxanne. Este ano se embarcan nunha xira mundial que os levará a tocar en mais de 20 países, 25 años despois de seu último concerto. Hai que ir a velo!! :)

27.2.07

O que eu penso sobre o racismo...



CREO QUE NON HAI NADA QUE CONTAR SOBRE O TEMA DO RACISMO...

SIMPLEMENTE NON DEBE DE EXISTIR...

¡¡¡¡ TODOS SOMOS IGUAIS !!!

29.1.07

escoitaa e pensa ...

Cando non tes nada que facer, e de súpeto pos música e esta fai que te sintas mellor, é incrible o poder dunha canción; unha canción pode facerche navegar entre os pensamentos tanto se son bos como se non, pode facer que a persoa débil se volva forte e que a persoa que parece forte sexa amansada como o máis débil dos animais. A música é unha parte de nós, da nosa vida, ten o poder de facer sentir cando soa e de que ninguén poida quedar indiferente ao seu paso ...

17.1.07

como vivir se a mesma vida xa é dura....

Non todos os días cando te levantas polas mañas tes esa enerxía que che fai poder seguir co día,
e cando a tristura ou os malos recordos dun mal día che volven a cabeza como se fora unha desas películas malas que non quixeras ter visto nunca; fáiseche moi difícil conseguir ter a cabeza despexada e que todo saia ben, pero o día segue e non espera por ninguén, por moitas dores de cabeza que teñas, por moito que che fastidien as tonterías.O mellor de todo é ter paz dentro de un mesmo, non importa que un non se leve ben con alguén e que te intente fastidiar o ideal sería conseguir pasar e ser feliz, a vida só son dous días e non se pode permitir que as cousas malas cha arruinen, así que... o importante é ser feliz, intentar que todos os días sexan bos e que se mostren diferentes a hora de recordalos :) :)

11.12.06

1936

A primeira persoa que me fixo entrar en contacto co ano de 1936 foi Paloma, unha muller curiosa de por si, e de raíces galegas, que durante 15 días me contou unha parte do sucedido neste ano en Lugo.
Aínda que resulte estraño pois en aparencia Galicia é un lugar cun pasado pacifico, a verdade é que non foi así. En 1936 moita xente foi asasinada, foi mandada a lugares denominados "de fusilamento" e os mataban cun tiro polas costas, realmente cruel. procuraban deixar unha marca concreta para saber porque terminaran mortos, unha das marcas concretas era un disparo na man dereita, os corpos eran abandonados nas cunetas, ou enterrados sen ningunha identificación en fosas comúns.

En canto Paloma me contou todo isto eu quedei sen palabras. A tristeza por aquela xente morta inxustamente se apoderou de min, pero a cousa foi a peor cando me contou que se estaba interesada en saber máis sobre o tema podíame mostrar un libro coas últimas cartas escritas por algúns dos asasinados para despedirse dos seus seres queridos, aquel libro era dunha recompilación publicada de todas as cartas encontradas en 1936 .

Só puiden ler algunhas pero a maioría delas eran de homes que sabían cal ía ser o seu destino, a morte, e só tiñan esa única carta para despedirse da súa muller e fillos; eu leíaas e pensaba no incrible que era a forza interior que tiñan para afrontar a situación sen derrubarse e loitar pola súa patria aínda que iso lle costase a morte.

Creo que aínda que esa xente non tivo un enterramento digno, merecen ser recordada...
E nunca esquecidas xa que é importante non olvidar o pasado para que non se repita no futuro...