11.12.06

1936

A primeira persoa que me fixo entrar en contacto co ano de 1936 foi Paloma, unha muller curiosa de por si, e de raíces galegas, que durante 15 días me contou unha parte do sucedido neste ano en Lugo.
Aínda que resulte estraño pois en aparencia Galicia é un lugar cun pasado pacifico, a verdade é que non foi así. En 1936 moita xente foi asasinada, foi mandada a lugares denominados "de fusilamento" e os mataban cun tiro polas costas, realmente cruel. procuraban deixar unha marca concreta para saber porque terminaran mortos, unha das marcas concretas era un disparo na man dereita, os corpos eran abandonados nas cunetas, ou enterrados sen ningunha identificación en fosas comúns.

En canto Paloma me contou todo isto eu quedei sen palabras. A tristeza por aquela xente morta inxustamente se apoderou de min, pero a cousa foi a peor cando me contou que se estaba interesada en saber máis sobre o tema podíame mostrar un libro coas últimas cartas escritas por algúns dos asasinados para despedirse dos seus seres queridos, aquel libro era dunha recompilación publicada de todas as cartas encontradas en 1936 .

Só puiden ler algunhas pero a maioría delas eran de homes que sabían cal ía ser o seu destino, a morte, e só tiñan esa única carta para despedirse da súa muller e fillos; eu leíaas e pensaba no incrible que era a forza interior que tiñan para afrontar a situación sen derrubarse e loitar pola súa patria aínda que iso lle costase a morte.

Creo que aínda que esa xente non tivo un enterramento digno, merecen ser recordada...
E nunca esquecidas xa que é importante non olvidar o pasado para que non se repita no futuro...