23.4.07

Pensando no futuro...

Estou estudando 4 da ESO , e xa estou pensando no que me gustaría facer nun futuro, miña nai sempre me di que vaia máis a modo, que non me apure tanto a pensar en cousas do futuro; pero agora mesmo a miña cabeza xa está a xirar arredor da idea do bacharelato e seguir ata chegar a universidade, reconfórtame pensar que non son a única á que lle pasan estas cousas, estar nerviosa ante un futuro incerto, moitas veces un se pregunta ata onde chegará a súa vida ... Aínda recordo cando era pequena e quería ter a mesma idade que teño agora é como se quixeramos facernos maiores pero de algo estou de acordo comigo mesma, agora e antes, que non quería ser máis pequena, quería crecer e aínda o sigo querendo ... aínda que ás veces o tempo dáche cousas moi boas como a experiencia, a madurez, etc. pero tamén che quita moitas outras como a ilusión, a infancia, a inconsciencia polo que ocorre ao teu arredor... Gustaríame estudar psicoloxía , creo que pode ser unha carreira de futuro e moi interesante, pero tamén é certo que para chegar ata ela hai que traballar moi duro e pode que non me resulte fácil chegar a conseguir o meu soño, o meu propósito... pero así é como se empeza algo, primeiro propoñéndoo e logo loitar por iso ata alcanzalo...

Etiquetas: , ,