17.1.07

como vivir se a mesma vida xa é dura....

Non todos os días cando te levantas polas mañas tes esa enerxía que che fai poder seguir co día,
e cando a tristura ou os malos recordos dun mal día che volven a cabeza como se fora unha desas películas malas que non quixeras ter visto nunca; fáiseche moi difícil conseguir ter a cabeza despexada e que todo saia ben, pero o día segue e non espera por ninguén, por moitas dores de cabeza que teñas, por moito que che fastidien as tonterías.O mellor de todo é ter paz dentro de un mesmo, non importa que un non se leve ben con alguén e que te intente fastidiar o ideal sería conseguir pasar e ser feliz, a vida só son dous días e non se pode permitir que as cousas malas cha arruinen, así que... o importante é ser feliz, intentar que todos os días sexan bos e que se mostren diferentes a hora de recordalos :) :)