29.1.07

escoitaa e pensa ...

Cando non tes nada que facer, e de súpeto pos música e esta fai que te sintas mellor, é incrible o poder dunha canción; unha canción pode facerche navegar entre os pensamentos tanto se son bos como se non, pode facer que a persoa débil se volva forte e que a persoa que parece forte sexa amansada como o máis débil dos animais. A música é unha parte de nós, da nosa vida, ten o poder de facer sentir cando soa e de que ninguén poida quedar indiferente ao seu paso ...